• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Exposición "VERMELLAS. Chamábanlles rojas"
23/02/2011    Máis novas
Coa próxima inauguración da exposición "VERMELLAS. Chamábanlles rojas", o Consello Municipal da Muller e maila concellería de Igualdade damos comezo aos distintos actos e actividades que ao longo de febreiro e marzo organizamos co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.

"VERMELLAS. Chamábanlles rojas" é unha exposición que pon nome e rostro ás mulleres represaliadas en Galicia tras o golpe de estado de 1936. Sitúanos no escenario de conculcación dos dereitos humanos que se estableceu tras o golpe militar de 1936, no que a muller é vítima dunha cotidianidade caracterizada por rexistros domiciliarios acompañados de ameazas, saqueos ou maltratos.

A exposición deixa constancia documentada dun número significativo de mulleres vítimas directas da represión. Unhas sancionadas, enxuízadas, postas ante pelotóns de fusilamento, atopadas tiroteadas nas cunetas ou desaparecidas; outras rapadas e purgadas nun contexto de abusos e escarnio dos vencedores. Pero tamén mostra mulleres capaces de rebelarse contra a pretendida vergoña social, que posiblemente como unha forma de amosar desrpezo tanto polo castigo como polos que o levan a cabo, mostran publicamente a súa cabeza pelada e se fan fotos que negan o esquecemento dunha época non ltan lonxana na que a socialización do terror precedeu a unha longa ditadura.

A exposición conta con abundante documentación literaria, ademais de fotografías e material audiovisual procedente do proxecto de investigación interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares", dirixido polo catedrático en Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela Lourenzo Fernández Prieto. Ademais da documentación literaria, autoría de Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco, a mostra inclúe diferentes gráficas e un mapa no seu se pode estudar a represión exercida contra as mulleres durante a época franquista, ademais de fotografías e distinto material aportado polas familias e persoas achegadas.

A montaxe complétase ca música dun grupo de novos e novas intérpretes que colaboraron na gravación dun CD dedicado ás vítimas da represión franquista, e cuns gravados de Sara Lamas procedentes do libro de Claudio Rodríguez Fer "Ámote vermella"


Lugar: CASA DAS ARTES
Rúa Policarpo Sanz,15 Vigo
Do 25 de febreiro ao 20 de marzo de 2011

Horario: De luns a venres de 18:00 a 21:30 h
Sábados de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30 h
Domingos e festivos: de 11:00 a 14:00 h.


Convite da inauguración e díptico da exposición en arquivos adxuntos:

ARQUIVOS ADXUNTOS:
Convite_fin.pdf  2233 KB
DIPTICO_vermellas_imprenta.pdf  6508 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100