Novas
Últimos días para participar no Concurso de Microvídeos e Fotografía dixital
28/03/2011 Máis novasOs dereitos das mulleres.
A revolución creactiva
Con motivo da celebración do Día Internacional da
Muller,O Consello Municipal da Muller e maila Concellería
de Igualdade do Concello de Vigo convocan o concurso de
FOTOGRAFÍA DIXITAL e MICROVÍDEOS “ Os dereitos das
Mulleres. A revolución Creactiva”.
Este concurso, convócase co fin de fomentar unha maior
implicación e concienciación cidadá a favor da igualdade
de oportunidades entre homes e mulleres así como para
servir de canle para amosar as achegas que ao longo da
historia fixeron e fan as mulleres ben de xeito individual
ou colectiva.
Obxecto
o concurso abrangue 2 modalidades:
Fotografía dixital e Microvídeo
As obras versarán sobre os dereitos das mulleres, a
igualdade de oportunidades , amosar as achegas que ao
longo da historia fixeron e fan as mulleres, ben de xeito
individual ou colectiva, ou sobre o papel que desenvolven
as mulleres tanto no ámbito público coma no privado.
A modo de exemplo e sen que teña carácter excluínte, as obras
presentadas poderán tratar algunha das seguintes temáticas :
Recuperación das achegas das mulleres á sociedade,
conciliación e distintos usos dos tempos, a corresponsabilidade
doméstica, o empoderamento, emprego, saúde, cultura,
educación,.....
Para participar poder ver o sitio web do concurso
Para máis información descargar os arquivos adxuntos:
ARQUIVOS ADXUNTOS:
Bases_concurso__para_web.pdf 139 KB
folleto.pdf 248 KB