• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Cine Clube LUMIÈRE - ELAS SON ASÍ
02/03/2011    Máis novas
O 8 DE MARZO NO MUNDO

A orixe desta data remóntase a 1910, cando na Casa do Pobo, en
Copenhague (Dinamarca) -durante a 2° Conferencia Mundial de Mulleres
Socialistas- a suxestión de Clara Zetkin, integrante do Sindicato Internacional
de Obreiras da Confección, proponse celebrar anualmente un día de acción
internacional polos dereitos de paz e progreso social de todas as mulleres.
En 1911 celébrase por primeira vez en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza.
Posteriormente, na década dos 30, comézase a celebrar nalgúns países de
Europa e en América Latina. Pero é no ano 1952 cando a Organización das
Nacións Unidas institúe o 8 de marzo como o Día Internacional da Muller.
En 1975 as Nacións Unidas decreta ese ano como o Ano Internacional da
Muller, dando gran pulo ás loitas polos dereitos das mulleres. Dous anos
despois, en 1977, a Organización das Nacións Unidas aproba a resolución
37/142 na que se invitaba a todos os Estados a que proclamen, de acordo ás
súas tradicións históricas e costumes nacionais, un día ao ano como Día das
Nacións Unidas para os Dereitos da Muller e a Paz Internacional.
Nós, o celebramos con este ciclo que, esperamos, gocedes!!

ARQUIVOS ADXUNTOS:
programa_CINE_CLUBE_lumiere_marzo_2011.pdf  23 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100