Novas
ACTIVIDADES DIA INTERNACIONAL DA MULLER
07/03/2011 Máis novasCo gallo da celebración do Día Internacional da Muller, o Consello Municipal da Muller e a concellería de Igualdade do Concello de Vigo organizan numerosas e diversas actividades e actos ao longo do mes de marzo.
A praza "8 de marzo" na avda. das Camelias acollerá o domingo 13 de marzo a actividade central do programa. Durante todo o día poderase disfrutar de música en directo, actividades para nenas e nenos, escenificacións teatrais, lectura de textos, etc.
O MARCO acollerá os martes 15 e 22 de marzo a presentación de dous proxectos: o proxecto "BATA" a cargo do alumnado do IES Alexandre Bóveda (premio Irene 2010 do Ministerio de Educación) e a presentación pública do documental "Digna Rabia"
Durante todo o mes de marzo estará aberto o prazo para subir a nosa web as vosas propostas de imaxe ou video no Concurso de fotografía dixital e microvídeos on-line.
Animádevos a participar !
Máis información sobre as distintas actividades e actos nos dous arquivos adxuntos:
ARQUIVOS ADXUNTOS:
dossier_de_prensa.pdf 176 KB
programa_actividades_VIGA_2011.pdf 450 KB