Novas
Presentación do documental DIGNA RABIA
17/03/2011 Máis novasO vindeiro martes, 22 de marzo ás 19:00 h terá lugar a presentación do documental DIGNA RABIA no MARCO (rúa do Priíncipe, 54)
O Consello Municipal da Muller e a concellería de Igualdade organizan este acto enmarcado nas actividades organizadas ao longo do mes de marzo co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller
O documental está realizado pola Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas. O acto desenvolverase cunha actuación musical previa e unha mesa redonda posterior.
Argumento do documental:
Relato das experiencias vividas durante a dictadura franquista (1936-1975) por parte de 27 mulleres galegas. O documental é un alegato reflexivo contra a histórica invisibilidade das mulleres.
Entrada libre ata completar o aforo do local
Pódese obter máis información no díptico adxunto enviado pola Asociacion de Memoria Histórica do 36 de Ponteareas
ARQUIVOS ADXUNTOS:
HOJA_1_4.jpg 2074 KB
HOJA_2_3.jpg 2476 KB