• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
CASA DAS MULLERES programa de actividades para abril/maio
31/03/2011    Máis novas
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este xoves as actividades programadas por esta concellería para os meses de abril e maio na Casa das Mulleres (rúa Romil,20)

As actividades propostas enmárcanse nas actuacións do IV Plan integral de igualdade de oportunidades de mulleres e homes do Concello de Vigo e se suman aos servizos que se ofrecen habitualmente desde a Casa das Mulleres, como o asesoramento e información actualizada de subvencións a colectivos de mulleres; a cesión de espazos ás asociacións de mulleres e o fomento da súa participación sociocultural, entre outros.

Entre as actividades que acollerá este espazo, está a celebración das xornadas "Lingua, xénero e comunicación", un ciclo sobre "Muller e saúde integral", varias exposicións, e actividades do movemento asociativo de mulleres como o relatorio "Coach Ontolóxico", organizado pola Asociación "Madres Latinas"; a I Escola feminista: "Centros e Periferias" organizada por " Implicadas no desenvolvemento"; e a III Semana contra a Homofobia, a Bifobia e a Transfobia, organizada pola asociación " Nós Mesmas".

Programa completo no arquivo adxunto:

ARQUIVOS ADXUNTOS:
programa_abril_maio__CASA_DAS_MULLERES.pdf  103 KB
portada_e_contraportada_Casa.pdf  3470 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100