• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaConvocatorias  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Convocatorias
Convocatoria específica de Subvencións da Concellería de Igualdade para a concesión de axudas a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas/actividades de promoción das mulleres ano 2019 (resolto)
20/03/2019    Máis convocatorias
Apertura do prazo para a presentación de solicitudes de subvencións da Concellería de Igualdade para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción das mulleres no ano 2019


A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria do día 21 de febreiro de 2019, aprobou, entre outros asuntos, as “Bases reguladoras específicas da concellería de Igualdade para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción das mulleres no ano 2019”.

O prazo para presentar as solicitudes é de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O extracto publicouse no BOP nº 50 do día 12 de marzo de 2019, polo que, o prazo para presentar as solicitudes comeza o 13 de marzo e remata o 27 de marzo de 2019.

As solicitudes de subvención achegaranse debidamente cumprimentadas, mediante os modelos oficiais que están dispoñibles na páxina web www.vigo.org sección “convocatorias e subvencións”. Neste mesmo espazo web pódese consultar as bases do programa.

En cumprimento da obriga imposta polo artigo 14.2.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC), establécese o emprego, de xeito exclusivo, de medios electrónicos para presentar e tramitar a solicitude desta subvención a través da sede electrónica do Concello de Vigo, por calquera dos mecanismos de identificación admitidos na sede electrónica, que se poden consultar no enlace https://sede.vigo.org.


Bases reguladoras publicadas no BOP nº 43 do 1 de marzo de 2019.

Extracto da convocatoria publicado no BOP nº 50 do 12 de marzo de 2019.

Prazo para a presentación de solicitudes:

Comezo o 13 de marzo de 2019
Finaliza o 27 de marzo de 2019


Forma de presentar as solicitudes: exclusivamente a través da sede electrónica do concello.


Pódense consultar as bases e os anexos nos arquivos adxuntos:

.Presentación de Solicitude: anexos I, II e III
.Presentación da Xustificación da axuda concedida: anexos IV, V-1, V-2 e VI

ARQUIVOS ADXUNTOS:
bases_reguladoras_galego.pdf  210 KB
ANEXO_I.pdf  108 KB
ANEXO_II.pdf  671 KB
ANEXO_III.pdf  524 KB
ANEXO_IV.pdf  110 KB
ANEXO_VI.pdf  125 KB
ANEXO_V_1.pdf  80 KB
ANEXO_V_2.pdf  71 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100