Novas
Ciclo "MULLER E SAÚDE INTEGRAL"
12/04/2011 Máis novasA Concellería de Igualdade lembra que este mércores, 13 de abril ás 20.30 da comezo na Casa das Mulleres o Ciclo "MULLER E SAÚDE INTEGRAL" coa impartición do obradoiro "Alimentación Saudable"
Este ciclo ten como obxectivo promover a mellora da calidade de vida e saúde integral das mulleres potenciando o seu benestar físico e psíquico en todas as etapas das súas vidas.
Durante os mércores das vindeiras semanas terán lugar distintos relatorios relacionados coa temática do ciclo: Trastornos da alimentación, Muller e cancro, a fibromialgia e a fatiga crónica, enfermidades xinecolóxicas, e muller e deporte. Pódese obter información sobre as datas e horarios destes relatorios no programa adxunto.
Esta actividade enmárcase nas actuacións do IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades de mulleres e homes do Concello de Vigo (2009-2012)
ARQUIVOS ADXUNTOS: