• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Mulleres con historia: María Barbeito
11/05/2011    Máis novas
O xoves, 12 de maio, ás 19 h, o Centro de Documentación e Recursos Feministas pechará o ciclo sobre MULLERES CON HISTORIA coa presenza de Aurora Marco que nos falará sobre unha galega con historia: María Barbeito, pioneira da renovación pedagóxica no primeiro terzo do século XX.

MARÍA BARBEITO. Pioneira da renovación pedagóxica no primeiro terzo do século XX. Cando Federico García Lorca visitou Galicia por segunda vez, na primavera de 1932, expresou o desexo de coñecela: ata el chegara información do traballo e do prestixio adquirido por esta galega, unha das mulleres máis relevantes do primeiro terzo do século XX. Unha muller que axiña se converteu en referencia inescusable de todas e todos os que souberon apreciar a súa intensa e constante dedicación á educación e instrución, á renovación educativa, á defensa dos dereitos das mulleres, á xustiza, liberdade, progreso; cun gran sentido do social, que introduciu un concepto sociolóxico nas obras de beneficencia...


AURORA MARCO. Licenciada e doutora en Filosofía e Letras. Profesora de Didáctica da Lingua e Literatura Galega na facultade de CC da Educación da USC. Investigadora e autora de numeros estudos e publicacións.

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100