• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
O Consello Municipal da Muller rexeita a Lei de Familia por considerala "regresiva, patriarcal e anticonstitucional"
19/05/2011    Máis novas
O Consello Municipal da Muller aprobou un comunicado de rexeitamento ao anteproxecto de Lei de Apoio á Familia e á Convivencia en Galicia, por consideralo "regresivo, patriarcal e anticonstitucional".

Este organismo solicita a súa retirada e critica que a lei "supón un grave recorte dos dereitos da muller, situándoa de novo en labores de nai e coidadora".

O Consello Municipal da Muller denuncia no seu comunicado que a Xunta, alegando motivos económicos, evita afondar no desenvolvemento de leis e decretos que xa recollen medidas concretas de apoio á familia, á atención de mulleres en situación de exclusión, e que permiten compatibilizar a vida familiar e laboral. Segundo afirma, o goberno galego "co mesmo pretexto" desmantela organismos como o Servizo Galego de Igualdade, substituíndoos "por unha mera declaración de propósitos e boas intencións mentres si destinará medios económicos para a creación do Consello Galego de Familia e o Observatorio Galego de Familia destinados a protexer e dirixir ás mulleres".

O documento aprobado cita como exemplo que de saír adiante esta nova lei derrogaría parte da "Lei 7/2004 galega para a igualdade de homes e mulleres" que recolle medidas básicas de apoio á familia como a ampliación da rede pública de gardarías, o aumento do horario de atención ás crianzas menores de 12 anos, a implantación de servizos de comedor en gardarías e colexios públicos, a creación de gardarías e colexios na proximidade de parques empresariais, e a creación de centros de maiores e ampliación da asistencia domiciliaria a maiores. Para o Consello da Muller, a redución do gasto público tende a afectar desproporcionadamente ás mulleres, principalmente as de menos recursos, aumentando a desigualdade entre homes e mulleres.

Mais información da plataforma de organizacións feministas


Sinaturas de rexeitamento ao Anteproxecto de Lei de apoio á familia e á convivencia en Galicia

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100