• 8 de Marzo
Día Internacional da Muller • 25 de Novembro Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller |
||
Novas |
Web Concellería
Web Violenciade Igualdade de Xénero Violencia Sexual na Xuventude |
Novas
Obradoiro de escrita creativa coa poeta Támil Salma 27/05/2011 Máis novas O Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle o venres, 3 de xuño de 17.00 a 19.00 h. o obradoiro de escrita creativa coa poeta Támil Salma. A finalidade deste obradoiro é promover un intercambio de puntos de vista, dende a perspectiva literaria e a humana, que manifeste que malia pertencer a culturas aparentemente moi distintas, as persoas asistentes poden descubrir que son máis as cousas que as achegan que as que as separan. Organiza: Implicadas No Desenvolvemento Colabora: Concellería de Igualdade Coordinan: Salma e María Reimondez (escritoras) SALMA. Rokkiah, máis coñecida como Salma (Thuravarankurichi, 1970) é unha das escritoras támiles máis relevantes do panorama literario indio. Salma provén dunha familia tradicional musulmá dunha aldea próxima á cidade de Tiruchirapalli, e como moitas rapazas da súa rexión non rematou a escola primaria. Aínda así, dende os trece anos comezou a escribir poesía e máis adiante comezou a publicar en revistas literarias. Durante anos escribiu na clandestinidade pola oposición da súa familia. Salma ten publicadas varias antoloxías poéticas, entre elas Oru malaiyum, innoru malaiyum (Unha tarde, outra tarde) e Pachai Dvadhai (A deusa verde), e tamén unha novela titulada Irandaam Jaamangalain Kathai (A historia da medianoite), editada por Xerais con tradución ao galego de María Reimóndez. Salma representa neste momento a única voz de muller musulmá no panorama literario de Tamil Nadu. Por outra banda, a súa obra foi obxecto de críticas destrutivas por parte de varios sectores literarios polo uso da sexualidade feminina dunha maneira aberta na súa obra e tamén polo contido feminista dos seus escritos. Ademais, dende o ano 2001 Salma decidiu levar o seu activismo ao campo da política, onde foi elixida membra do Panchayat (asemblea local) para converterse máis adiante en candidata para o seu distrito electoral polo DMK, partido nacionalista támil laico e progresista. ARQUIVOS ADXUNTOS: |