Novas	        
           		
          A exposición "Un mar de Mulleres" visita a Casa das Mulleres
06/06/2011     Máis novas
Máis novasDesde o 6 ata o 17 de xuño do 2011 poderase visitar a exposición fotográfica dos traballos realizados no mar polas mulleres da zona Grupo de acción costeira  Ría de Vigo – A Guarda, na Casa das Mulleres
 Esta iniciativa xurdiu na Mesa da Muller do Grupo de Acción Costeira 7 (GAC), coa intención de fomentar a igualdade de oportunidades entre as mulleres e homes.
Esta iniciativa xurdiu na Mesa da Muller do Grupo de Acción Costeira 7 (GAC), coa intención de fomentar a igualdade de oportunidades entre as mulleres e homes.
Durante o verán entrevistouse a un grupo de mulleres que traballan en diferentes organizacións profesionais do sector pesqueiro, desde Cangas ata a Guarda. Coa información recompilada realizouse un documental, unha publicación e unha exposición fotográfica.
O martes 7 de xuño, terá lugar as 19:00 horas o acto de inauguración, no que ademais da exposición celebraremos a Xornada “Un Mar de Mulleres” 
Nesta xornada presentarase o traballo que levan realizando mulleres da nosa zona (mariscadoras a pé e a flote, redeiras, bateeiras, lonxeiras, etc.), e animarase as persoas asistentes a solicitar axudas ante o GAC 7.
O acto comezará co saúda da concelleira  de  Igualdade en funcións, Dona Iolanda Veloso Ríos
A continuación, a xerente do GAC 7 , Dona Elena Herbello Puentes, explicará á orde de axudas e o Plan Estratéxico Zonal. 
De seguido Dona Mercedes Lema (Presidenta da Asociación de mariscadoras a pé de Baiona) e Dona Carmen Chamorro (Vicepresidenta da Federación de Redeiras de Galicia) comentarán o traballo de campo realizado.
Por último proxectarase o documental “Un mar de mulleres”.
ARQUIVOS ADXUNTOS: 
 TRIPTICO_Un_Mar_de_Mulleres_2_1.jpg  449 KB
TRIPTICO_Un_Mar_de_Mulleres_2_1.jpg  449 KB
 TRIPTICO_Un_Mar_de_Mulleres_1_1.jpg  403 KB
TRIPTICO_Un_Mar_de_Mulleres_1_1.jpg  403 KB