• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Exposición "Emigración de mujeres valientes"
21/09/2011    Máis novas
A CASA DAS ARTES, acolle ata o día 30 de setembro a exposición "Emigración de mujeres valientes" ; proxecto do Instituto da Muller que se expón por primeira vez na cidade de Vigo.

O obxectivo desta exposición é contemplar con outros ollos a historia da emigración española e devolver ás mulleres emigrantes o seu lugar na historia de España.

A mostra foi inaugurada o pasado xoves, 15 de setembro, pola secretaria de Estado de Igualdade, Laura Seara, quen estivo acompañada por Chus Lago, concelleira de Igualdade do Concello de Vigo, Teresa Blat, directora do Instituto da Muller e por María Xosé Rodríguez Galdo, comisaria da exposición.

Ao longo de 22 paneis, a exposición fai un percorrido pola vida das mulleres que viviron e viven en primeira persoa os movementos migratorios deste país. Desde unha perspectiva de xénero, a través de texto cuidadosamente seleccionados e de imaxes moi expresivas, reflíctese a presencia permanente de mulleres españolas neste fenómeno.

A mostra abarca as distintas etapas migratorias que tiveron lugar en España ao longo dos últimos séculos, incluídos os últimos anos; Así recolle a emigración interior, a exterior, a temporal e a permanente, o exilio, resultado da Guerra Civil, así como a realidade actual nun país que pasou de ser un lugar de “adeuses” a un lugar de acollida.

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100