Novas
Concurso de Fotografía dixital e Microvídeos: 25 de novembro. Día Internacional contra a Violencia de xénero
28/10/2011 Máis novasCon motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de xénero o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo convocan o concurso de FOTOGRAFÍA DIXITAL e MICROVÍDEOS “ co fin de fomentar unha maior implicación e concienciación cidadá en contra da violencia que se exerce sobre as mulleres.
OBXECTO:
O concurso abrangue dúas modalidades:
1) Fotografía dixital.
1) Microvídeo (non superior aos 3 minutos de duración).
Ambas as dúas obras versarán sobre calquera aspecto do tratamento e/ou abordaxe da Violencia de xénero.
A modo de exemplo e sen que teñan carácter excluínte, as obras presentadas poderán tratar algún ou algúns dos seguintes aspectos :
- A prevención e concienciación cidadá
- Avances producidos neste eido
- A complicidade da sociedade
- Os agresores
- Manifestacións da violencia
PRESENTACIÓN DAS PROPOSTAS:
O sistema de inscrición e presentación das obras realizarase únicamente a través da web da Concellería de Igualdade www.igualdadevigo.org, a través dos dous espazos creados na citada web para este concurso:
www.igualdadevigo.org/concursofotografia
www.igualdadevigo.org/concursovideos
PRAZO:
O prazo da admisión das obras comeza o día 31 de outubro de 2011, e finaliza o día 20 de novembro de 2011.
IMPORTARTE:
As persoas interesadas en participar neste concurso deben ler e aceptar as bases íntegras da convocatorias no sitio web convocatoria e bases do concurso
Para máis información descargar os arquivos adxuntos:
ARQUIVOS ADXUNTOS:
bases_concurso_fotografia_e_concurso_videos.pdf 410 KB
certame2011_foto_e_microvideos.pdf 1410 KB