• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
FALLO DO XURADO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL E MICROVÍDEOS
14/12/2011    Máis novas
A concelleira de Igualdade, Chus Lago xunto con algunha das persoas integrantes do xurado, fixo público o fallo do xurado do Concurso de fotografía dixital e microvídeos que o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de igualdade convocaron co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.

Durante a rolda de prensa, eloxiouse a calidade das obras presentadas ao certame e expllicouse que primou na decisión a "orixinalidade" e "capacidade" de sintetizar a mensaxe contra a violencia machista nun filme de 3 minutos e nunha imaxe.

O obxectivo do certame, é fomentar a participación da cidadanía na concienciación social contra a violencia de xénero.

O fallo no certame fotográfico adoptouse por unanimidade e recaeu en Gloria María Fuentes pola obra "Nunca... nin xogando", namentres que o de microvídeos premiou a Míriam Rodríguez Domínguez por "Semella que estou lonxe".

Concedéronse dous accésit na modalidade de microvídeos a:
Diego Méndez Lamas pola obra “Non cales, vive” e
Jesús Ruperto Andrés Tejada pola obra ”Rompe co silencio”

Na canle de youtube canle youtube igualdade Vigo
e no facebook igualdade vigo , están dispoñibles para a cidadanía os traballos galardoados polo xurado do certame, ademais dos accésits concedidos.



Arquivos adxuntos:
Acta co fallo do xurado
Fotografía premiada









ARQUIVOS ADXUNTOS:
FALLO_DO_XURADO.pdf  379 KB
Nunca_nin_xogando_.jpg  3000 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100