Novas	        
           		
          PROGRAMACIÓN CASA DAS MULLERES FEB/XULLO
13/02/2012    
Máis novasDesde o mes de febreiro ata o mes de xullo, a Concellería de Igualdade organiza numerosas e variadas actividades na Casa das Mulleres.
En arquivo adxunto pódese consultar toda a información sobre a programación que acollerá a Casa das Mulleres durante os vindeiros meses.
No programa poderedes atopar numerosas e variadas actividades que agardamos sexan do voso interese:
     II Ciclo "Muller e Ciencia"
 A exposición "A muller, unha innovadora na Ciencia"  poderase visitar durante todo o mes de febreiro
Profesoras da Universidade de Vigo como Amelia Verdejo Rodríguez ou Carmen Quinteiro Santodomingo, colaboran no ciclo  co relatorio "Mulleres matemáticas" e o videoforum "La verdad oculta" , 14 e 16 de febreiro respectivamente.
     O día 13 de abril, integrantes da asociación "Xiara" (Plataforma pola dignificación do emprego no fogar" informarannos dos cambios que introduce  o Real Decreto 1620/2011 para as empregadas do fogar.Tamén proxectarase a curta "Esquecidas" realizada pola propia asociación.
    Durante os meses de abril, maio e xuño continuaremos co III Ciclo "Muller e Saúde integral". Nesta nova edición compaxinaremos sesións de relatorios con sesións demostrativas e exemplos prácticos para mellorar a nosa calidade de vida.: "A saúde feminina a partir dos 40"; "Practiquemos risoterapia. efectos beneficiosos"; "A depresión feminina"; "Exercitemos a nosa autoestima"; "Prevención de cancro de pel"; "Casos prácticos: primeiros auxilios no verán"
     "Sen medo a internet": servizo de achegamento ás novas tecnoloxías para as mulleres que non saben manexarse cun ordenador
No documento adxunto podedes atopar información ampliada sobre estas e outras actividades programadas. 
ARQUIVOS ADXUNTOS: 
DIPTICO_CdM_2012_v2.pdf  88 KB