• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Este xoves comeza o ciclo HISTORIA DAS MULLERES EN GALICIA
19/03/2012    Máis novas
No marco das actuacións do IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Vigo 2009/2012, o Centro de Documentación e Recursos Feministas organiza un CICLO DE CHARLAS SOBRE A HISTORIA DAS MULLERES EN GALICIA

Obra conxunta de cinco historiadoras galegas sobre o papel da muller desde a prehistoria ata a actualidade

A entrada ao ciclo será libre ata completar o aforo. As persoas que desexen recibir diploma acreditativo de asistencia deberán realizar unha inscrición previa no Centro de Documentación e Recursos Feministas ou no tfno. 986 229074 e asistir ás catro sesións do ciclo.

PROGRAMA:

.- Prehistoria-Historia antiga, xoves 22 de marzo ás 19,00 h.

Autora/Relatora: Mar Llinares García, profesora titular de Prehistoria da Universidade de Santiago de Compostela

.- Idade Media , sábado 28 de abril ás 11,00 h.

Autora/Relatora: Carmen Pallares Méndez, catedrática de Historia Medieval da Universidade de Santiago de Compostela

.- Idade Moderna, martes, 22 de maio ás 19,00 h.

Autora/Relatora: Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela

.- Época contemporánea, xoves 7 de xuño ás 19,00 h.
Autora/Relatora: Herminia Pernas Oroza, doutora en historia comtemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela

O programa completo está á disposición das persoas interesadas no arquivo adxunto:

ARQUIVOS ADXUNTOS:
Folleto_Historia.pdf  432 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100