• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Presentación do libro "Datas e datos para lembrar en pé de igualdade... e non esquecer o resto do ano"
13/04/2012    Máis novas
O xoves 19 de abril ás 20:00 h, a Casa Galega da Cultura acollerá a presentación do libro "Datas e datos para lembrar en pé de igualdade... e non esquecer o resto do ano", editado pola concellería de Igualdade no marco das actuacións recollidas no IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes de Vigo.

No acto contaremos coa presenza da concelleira de Igualdade, Chus Lago Rey e as tres autoras: Mercedes Oliveira Malvar, Esther Mato Méndez e Mª Luisa Abad Abad.

O libro que se vai presentar é unha publicación dirixida especialmente ao profesorado de ensino secundario, editado pola Concellería de Igualdade de Vigo, que se enmarca nas actuacións recollidas no IV Plan municipal de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de Vigo, aprobado polo pleno da corporación municipal en novembro de 2009.


Unha das accións que recolle o plan no eido da educación en igualdade é a da elaboración e edición deste manual con perspectiva de xénero sobre as distintas conmemoracións escolares oficiais que se celebran ao longo do curso escolar nos centros: Día da Paz, Día das Mulleres, Día do Libro, Día do Medio Ambiente, Día da Liberdade da Prensa, Día do Consumo Responsable, Día dos Dereitos Humanos,Día mundial da Saúde,Día das Letras Galegas, Día de Europa e Día da Constitución e do Estatuto de Autonomía. Ademais destas once datas, que por obriga teñen que abordar os centros escolares, tal e como indica o Real decreto 1631/2006, do 29 de decembro, engadiuse unha máis, a conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero; contendo así o libro 12 unidades didácticas como proposta de intervención con perspectiva de xénero para o alumnado de secundaria.

Entrada libre. Aforo Limitado

Descargar invitación no arquivo adxunto:

ARQUIVOS ADXUNTOS:
invitacion_datas2b.pdf  1765 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100