• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Resolución do Concurso de microvídeos polo Día Internacional das Mulleres
08/05/2012    Máis novas
O vídeo "Tí" de José Araujo Pérez gañador do concurso de microvídeos "8 de marzo. Día Internacional da Muller 2012"

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión do 27 de abril de 2012 adoptou o acordo de conceder o primeiro premio do concurso de microvídeos "8 de marzo. Día Internacional da Muller 2012" a Don José Araújo Pérez polo do vídeo gañador do concurso presentado baixo o lema "Tí".
O premio recollido na base oitava das bases do concurso, consiste nun bono, por importe de 500 €, para a adquisición de material e/ou dispositivos de informática, imaxe e/ou son.

Coa obra gañadora, o autor pretende transmitir "a importancia da muller na Historia e na actualidade, así como animar ás mulleres a que saquen o mellor de sí mesmas".

O xurado, reunido o 13 de abril, estivo formado pola concelleira de Igualdade Chus Lago Rey quen o presidiu, e catro membras da comisión de traballo organizadora dos preparativos dos actos do Día Internacional da Muller, creada no seo do Consello Municipal da Muller: Luisa Ocampo Pereira, Mª Xosé Queizán Vilas, Concepción Regueiro Digón e Cristina Piñeiro Pérez.

Na canle de youtube canle youtube igualdade Vigo
e no facebook igualdade vigo , está dispoñible para a cidadanía o traballo galardoado.

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100