• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Sinalización do Roteiro en Feminino "Sons de Mulleres"
12/12/2012    Máis novas
A iniciativa de Mulheres Nacionalistas Galegas, o Concello de Vigo, a través da Concelería de Igualdade, asumiu a sinalizacións dos 15 puntos que integran este roteiro, que ten como obxectivo visibilizar ás mulleres que, individual ou colectivamente, teceron a historia de Vigo.

O acto terá lugar o sábado 15 de decembro ás 12:00 h

O Roteiro em Feminino “Sons de mulleres” lévanos por quince pontos, situados, fundamentalmente no casco histórico polos que dun ou doutro xeito, as mulheres deixarom a súa pegada e a súa contribución á identidade de Vigo, aínda que a propia historia da cidade as teña silenciadas.

No Roteiro hai espacios que son froito das reivindicacións e do traballo máis recente do Movemento Feminista: a Praza 8 de Marzo, o Centro de Documentación Feminista ou a Casa das Mulleres; lugares que recuperam a memoria de mulleres vítimas da represión franquista: Urania Mella, Olimpia Valencia ou Rosario Hernández -A Calesa-, que loitaron pola liberdade nas rúas da cidade, nos sindicatos e na vangarda cultural e mesmo nas barricadas da resistencia; espacios de Pedagogas que defenderon os dereitos das mulleres, loitando por unha educación que aínda hoxe é soño de futuro: Concepción Arenal, Ernestina Otero ou Antia Cal; lugares de creación artística e literaria, como foi a imprenta de Juan Compañel onde Rosalía de Castro sacou do prelo en 1863 “Cantares gallegos”; e lugares que recoñecen o compromiso político, o traballo nas conserveiras, na ribeira do Berbés ou as ostreiras, nos lavadoiros comunais ou nos mercados, ou ás mulheres que tiveron que emigrar.


Data: sábado 15 de decembro ás 12:00 h
Lugar: no ponto nº 14 Espazo contra a Violencia de Xénero (situado na Rúa Ronda de Don Bosco ao lado do Marco).

Nos arquivos adxuntos pódese descargar o convite e información adicional sobre o Roteiro

ARQUIVOS ADXUNTOS:
sonsDESEnO.jpg  691 KB
sons_2012_convite.jpg  792 KB
sonsDESEnOint.jpg  1028 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100