• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Comunicado do Consello Municipal da Muller contra as manifestacións de Toni Cantó
28/02/2013    Máis novas
Na sesión que tivo lugar o 27 de febreiro de 2013, o Consello Municipal da Muller acordou difundir un comunicado de repulsa contra as manifestacións de Toni Cantó


“O Consello Municipal da Muller de Vigo quere manifestar a sua total repulsa as declaración feitas polo diputado da UPyD Toni Cantó nas que afirmaba a través das redes sociais que a maioría das denuncias das mulleres por violencia machista eran falsas.

Dende diferentes organizacións de mulleres veñen esixindo a dimisión inmediata de Cantó, por entender que coas suas declaración insultou as mulleres víctimas da violencia machista, "acusándoas de cometer un delito, como é presentar denuncias falsas".

O Consello Municipal da Muller de Vigo quere manifestar, que Toni Cantó non pode seguir ni un día mais como diputado, porque o Congreso debe ser un espacio de apoio as vitimas , onde se lexisle no seu favor e para sua protección.

Esiximos que se lle retire a sua acta de diputado porque alguen que atenta contra os dereitos das mulleres non pode representar a cidadania en xeral e as mulleres en particular .É un feito moi grave e intolerabel e denota unha actitude machista que perxudica seriamente a Igualdade.

En nome de todas as muleres que están a sufrir violencia machista, das que foron asesinadas pedimos a sua dimisión como diputado e por suposto que sexa expulsado da Comisión de Igualdade onde ostenta a portavocia de UPyD.

Como Consello Municipal da Muller pensamos que con declaracións e actitudes por él manifestadas desprecia toda a loita levada dende fai moitos anos polo conxunto das organización de mulleres e está a ser cómplice do terrorismo machista e a da violencia de xenero que esta a provocar numeroso asasinatos de mulleres.

O Consello Municipal da Muller esixe que a presidencia de UPyD asuma a súa responsabilidade en relación a estes graves feitos, toda vez que de non actuar será responsable directa, como colaboradora necesaria, das futuras actuaciones deste individuo, que constitúen unha clara exhaltación do terrorismo machista”.

CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100