• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Maratón de chíos pola Igualdade!
01/03/2013    Máis novas
Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade de Vigo convocan o Maratón de tweets pola Igualdade de xénero #VigoIguala.

Esta iniciativa trata de aproveitar a forza actual das redes sociais, neste caso o twitter, na loita contra as desigualdades de xénero e agardamos que teña unha boa aceptación e unha ampla resposta social.

O obxectivo fundamental desta iniciativa é incrementar a concienciación e a sensibilización da cidadanía sobre a importancia de superar as diferencias de xénero e visibilizar as vantaxes da igualdade e todas as achegas que as mulleres teñen feito e fan (de xeito individual ou colectivo) para o avance da humanidade.

Os chíos terán que tratar pois sobre: os dereitos das mulleres, a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, amosar as achegas que ao longo da historia fixeron e fan as mulleres, ben de xeito individual ou colectivo, ou sobre o papel que desenvolveron as mulleres tanto no ámbito público como no privado...

Facemos un chamamento a todas as persoas e entidades para que envien os seus chíos a prol da consecución da Igualdade real entre mulleres e homes. Para poderen ser tomados en conta os tweets deberán incluir o hashtag #VigoIguala e facer mención a @igualdadevigo. Os tweets presentaranse unicamente a través do Twitter; non fai falta inscribirse. Non hai límite de tweets, polo que cada persoa ou entidade pode xerar o número de chíos que desexe.

O maratón comeza o 4 de marzo e finaliza o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres (ambos incluídos). Durante ese período, a organización fará un seguimento dos chíos xerados e ao finalizar o maratón realizará unha selección co obxecto de crear un videotweet. Os criterios que se terán en conta para a selección serán: contido e tratamento do tema, orixinalidade, e capacidade de impacto da mensaxe.

A organización divulgará os tweets seleccionados a través dos medios de comunicación, redes sociais da Concellería de Igualdade (web, facebook, twitter).

Anímate e participa!!

Maratón chíos pola Igualdade #VigoIguala. Envia os teus chíos do 4 ao 8 de marzo.Fai RT@igualdadevigo

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100