Novas
Actos en Vigo polo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres
04/03/2013 Máis novasCon motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, a Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller de Vigo organizan unha serie de actividades e actos na cidade.
PROGRAMA:
* Venres , 8 de marzo:
10:00 h. Sesión plenaria do Consello Municipal da Muller
22:00 h. Entrega do Premio Ernestina Otero a Carmen Segurana
* Sábado, 9 de marzo na praza da Constitución:
12:30 h. Percorrido do I Roteiro en feminino "Sons de Mulleres" guiado por María Casar.
17:00-20:00 h. Espazo lúdico de Igualdade. Actividades e xogos para as crianzas.
20:00-24:00 h. Festa pola Igualdade na praza da Constitución: música tradicional, soul, blues, canción de autora, e rap.
* OUTRAS ACTIVIDADES:
.- Maratón de chíos pola Igualdade! Animádevos a participar no maratón en twitter enviando os teus chíos pola Igualdade do 4 ao 8 de marzo co hashtag #VigoIguala
Información completa do maratón no enlace:
maraton de tweets pola Igualdade
.- Tapas de Igualdade . Desde o 4 ao 8 de marzo poderanse degustar as "tapas de igualdade" creadas para a ocasión polos Asociación de Comerciantes e Hosteleiros/as de Vigo Vello.
.- Durante os días 8 e 9 de marzo o Consello Municipal da Muller portará o facho que simboliza a Rosalía de Castro
Información completa nos arquivos adxuntos:
ARQUIVOS ADXUNTOS:
Convite_reserva_cea_premio_Ernestina_Otero.pdf 687 KB
Programa_8_marzo_2013.pdf 381 KB
cartel_Festa_da_Igualdade_9_de_marzo.pdf 360 KB