• 8 de Marzo
Día Internacional da Muller • 25 de Novembro Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller |
||
Publicacións |
Web Concellería
Web Violenciade Igualdade de Xénero Violencia Sexual na Xuventude |
Publicacións
Informe territorial desde a perspectiva de xénero de mulleres e homes de Vigo 2012 10/09/2013 Máis publicacions Dito informe é o resultado dun convenio de colaboración entre a Asociación Mulleres Progresistas de Vigo e a Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado dentro do Plan de Emprego do Concello de Vigo 2012. O Informe que a continuación se presenta ten como finalidade reflectir a situación sociodemográfica das mulleres e homes de Vigo dende a perspectiva de xénero, co obxectivo de proporcionar á Administración Local unha panorámica acerca das diferenzas e desigualdades existentes entre mulleres e homes da cidade, coa finalidade de facilitar o deseño e planificación de programas públicos adaptados á realidade social do municipio. A elección desta investigación ven determinada pola súa inclusión no IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes de Vigo 2009-2012, que, concibido como instrumento de intervención política dirixida a favorecer e impulsar o proceso de transformación social das relacións de xénero na nosa cidade, establece no Eixe de Empoderamento, Visibilización e Participación Social a elaboración dun “Estudo sobre a situación social das mulleres de Vigo” coa finalidade de visibilizar a súa situación social e a súa contribución ao desenvolvemento das distintas sociedades, valorando, o traballo que tradicionalmente veñen realizando e recoñecendo a súa participación e as súas achegas aos distintos campos. ARQUIVOS ADXUNTOS: |