• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Relatorio na Casa das Mulleres a cargo da doutora Marité Puga, presidenta de FUPADE
01/10/2013    Máis novas
A Concellería de Igualdade convídavos a asistir á conferencia que a Doutora María Teresa Puga impartirá mañá mércores ás 18,00h na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, nº 2 Vigo)

A Doutora María Teresa Puga, Directora Xeral de Violencia Familiar do Ministerio de Familia de Córdoba, é tamén fundadora e coordinadora da ONG FUPADE, Fundación "Mujer, Paz y Desarrollo", e ocupou numerosos cargos nos parlamentos da provincia de Córdoba e da lexislatura da nación Arxentina.

Marité Puga, como é popularmente coñecida, sempre tivo un gran sentido do servizo público e preocupación polos problemas sociais, que puido realizar a través da súa extensa e recoñecida carreira profesional como especialista na saúde da muller (xinecoloxía), o traballo voluntario a favor especialmente das mulleres máis desfavorecidas e o traballo político no que é unha autentica referencia en materia de discapacidades e violencia de xénero.

Este mércores temos a oportunidade de escoitala explicando o novedoso método que utiliza a fundación arxentina FUDAPE contra a violencia de xénero.

Podedes obter máis información sobre ela consultando o seu currículo (arquivo adxunto) e consultando os seguintes enlaces web:

1) http://www.youtube.com/watch?v=ov5JB4H5BtI

Intervención nun spot como Subsecretaria de Inclusión Sanitaria, Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia 2010

2) http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=BQn2m3thA3U

Entrevista televisiva na TV de Córdoba nun programa semanal dedicado á loita contra a violencia de xénero

3) http://archivo.lavoz.com.ar/nota.asp?nota_id=551575. 17-09-09

Corte do Artículo de opiniòn no periódico provincial La Voz, de Córdoba, sobre Violencia intrafamiliar e equidade de xénero.

“A lo largo de la historia existió lo que hoy llamamos violencia familiar, pero no se la percibía como tal, porque estaba naturalizada. La cultura patriarcal instituyó una supremacía masculina que ha repercutido hasta la actualidad, y que se reflejó en las leyes y en la actitud cotidiana de la sumisión femenina; no había cómo denunciar o quejarse, sobre todo porque las principales víctimas, las mujeres, las niñas, niños, ancianos y discapacitados eran considerados de una categoría inferior, carecían de derechos y, de acuerdo a las leyes, dependían de un varón"


ARQUIVOS ADXUNTOS:
Dra_MARITE_PUGA.doc  148 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100