• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
ENLAZA VIGO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
19/11/2013    Máis novas
Co gallo do vindeiro 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade de Vigo volvemos poñer en marcha a iniciativa Enlaza Vigo, para reflectir o compromiso real do conxunto da cidadanía no combate do terrorismo machista.

Desde o ano 2003, ano no que se comezan a realizar oficialmente estatísticas sobre a Violencia de xénero, ata o día de hoxe, máis de 702 mulleres foron asasinadas, só en España, a mans das súas parellas ou exparellas (fonte: Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade).

Tralo éxito de participación acadado nas pasadas edicións, Vigo volverá, o luns 25 de novembro, a condenar na rúa a violencia de xénero e cantas actitudes e comportamentos machistas encerra, coa formación dun gran tapiz humano.

ACTIVIDADES:

.- Exposición colectiva contra a Violencia de Xénero realizada polo alumnado de secundaria de 29 centros de ensino da cidade.

Rúa do Príncipe, diante do MARCO
As persoas que estean interesadas poden visitar esta mostra que reflicte o compromiso do estudiantado da cidade na loita contra a violencia que se exerce sobre as mulleres desdeo día 21 ao 27 de novembro, de xeito ininterrumpido de 10:00 a 20:00h.

.- Creación dun tapiz humano contra a violencia de xénero
Luns, 25 de novembro ás 12.00. Punto de encontro: farola de Urzáiz

O tramo da rúa Urzáiz comprendido entre a Farola e a rúa República Arxentina será o escenario, o vindeiro luns 25 de novembro, da formación dun gran tapiz humano.

Para participar na formación do tapiz convidouse aos institutos de secundaria da cidade e teñen confirmada a presencia 22 institutos e máis de 1500 alumnos e alumnas.
Desde a chegada do alumnado ao punto de encontro (10,30h) ata a formación do tapiz (12,00h) participarán dun xeito activo en diversas actividades lúdicas e reivindicativas que reflicten as distintas expresións artísticas e deportivas que practica a mocidade: exhibicións de malabares, parkour, breakdance, baile moderno e regueifas-rap, ademais de visitar a exposición colectiva.

A organización convida a todas a cidadanía a participar nos actos desta campaña: visitando a exposición e/ou sumándose á participación do alumnado acudindo o luns, 25 de novembro pola mañá á formación do tapiz humano.

Obtén mais información e segue as nosas novas en: www.enlazavigo.com

Programa e plano das actividades en arquivos adxuntos

ARQUIVOS ADXUNTOS:
programa_enlaza_2013(1).pdf  287 KB
plano_actividades_EnlazaVigo.jpg  585 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100