Novas
Actos polo "8 de marzo" Día Internacional das Mulleres
21/02/2014 Máis novasCon motivo da conmemoración do "8 de marzo", Día Internacional das Mulleres, a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo en colaboración co Consello Municipal da Muller organiza unha serie de actos na cidade baixo o lema " Pola defensa dos dereitos sexuais, reprodutivos e aborto".
Programa:
Luns, 24 de febreiro ás 9h. Intervención dunha representante do Consello Municipal da Muller no pleno ordinario da Corporación Municipal para lectura do manifesto polo 8 de marzo.
Entrada libre ata completar aforo
Venres, 7 de marzo ás 10 h.Pleno específico do Consello Municipal da Muller
9 representantes do Consello da Muller intervirán sobre a reforma da Lei do Aborto
Entrada libre ata completar aforo
Sábado, 8 de marzo.Festa pola Igualdade na Praza da Constitución:
17 a 19,30 h espazo lúdico para nenos e nenas.
21 h Actuación musical a cargo do grupo Tanxedoras
22h Lectura manifesto
22,15h Actuación musical a cargo de Sés
Venres, 14 de marzo ás 22h no Hotel Coia. Entrega do II Premio de Igualdade "Ernestina Otero" á xinecóloga Isabel Blanco Domínguez
Indicacións e teléfonos para reserva da cea no convite adxunto
Máis información nos arquivos adxuntos: cartel, programa, convite cea entrega do premio "Ernestina Otero"...
ARQUIVOS ADXUNTOS:
cartel_viga_2014.pdf 332 KB
FOLLETO_VIGA_2014.pdf 478 KB
invitacion_cea_Premio_Ernestina_Otero.pdf 387 KB