Publicacións
Guia Información Xeral sobre Violencia de Xénero en 5 idiomas
26/02/2014 Máis publicacionsCoa edición desta guia informativa o Concello de Vigo, a través da Concellería de Igualdade, achégalle á cidadanía información precisa sobre:
.- Os distintos tipos da violencia de xénero
.- Os procedementos para seguir ante unha situación de violencia
.- Os dereitos, servizos e recursos que teñen á súa disposición as mulleres maltratadas
.- A violencia sexual
.- A violencia exercida sobre as mulleres de orixe estranxeiro
.- Teléfonos de urxencia...
Este material está dispoñible en 5 idiomas: galego, castelán, inglés, francés e chinés co obxecto de garantir que esta información chegue por igual a todas as mulleres, independentemente do idioma que empreguen.
Os/As profesionais dos servizos sociais, sanitarios, educativos, policiais, e demais axentes sociais poderán empregar esta guia como material de apoio para a detección, atención, derivación e coordinación dos casos de violencia de xénero nos que interveñan.
Nos arquivos adxuntos pódense consultar as guias en: Galego, Castelán/Inglés, Francés e Chinés.
ARQUIVOS ADXUNTOS:
Guia_sobre_violencia_de_xenero_ingles_castellano_Concello_Vig.pdf 711 KB
Guia_sobre_violencia_de_xenero_galego__Concello_Vigo.pdf 793 KB
Guia_sobre_violencia_de_xenero_frances_Concello_Vigo.pdf 571 KB
Guia_sobre_violencia_de_xenero_chines_Concello_Vig.pdf 982 KB