Novas
Formación: Liderado feminino a través da comunicación
11/04/2014 Máis novasA Concellería de Igualdade abre hoxe o prazo de inscrición para o obradoiro gratuíto "Liderado feminino a través da comunicación" que se impartirá na Casa das Mulleres, rúa Romil, 20.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición, dándolle prioridade ás mulleres empadroadas en Vigo.
Dirixido a a mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivo: mellorar a capacidade do liderado feminino a través dunha comunicación eficaz.
Formadora: Llerena Perozo Porteiro, experta en comunicación e xénero
Contidos:
- Perder o medo a falar en público
- Aprender a comunicar con éxito, aproveitando as nosas habilidades e adquirindo outras novas
- Falar para convencer
- Coñecer o uso potencial e sacarlle o mellor partido: á voz, á imaxe, ás capacidades emotivo-comunicativas, á capacidade de empatía e escoita
- Exercer o liderado desde nós mesmas
- Crear sororidade
- Identificar os liderados masculinos e femininos na nosa contorna
- Ver a sociedade da información coas lentes violetas
O desenvolvemento do programa consta de 15 horas de duraciónl, distribuídas en 6 sesións de 2,5 horas cada unha.
Períodos e horarios: os martes desde o 6 de maio ata o 10 de xuño de 18:00h a 20:30 h
Inscrición previa desde o día 11 de abril e ata cubrir prazas, na concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello de 9:00h a 13:30h, ou ben a través do tlf. 986 810 284, en horario de 8:00h a 14:00h.