• 8 de Marzo
Día Internacional da Muller • 25 de Novembro Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller |
||
Publicacións |
Web Concellería
Web Violenciade Igualdade de Xénero Violencia Sexual na Xuventude |
Publicacións
Guia Conectamos ben? Mozos e mozas que se tratan ben e de = a = 07/01/2014 Máis publicacions Esta publicación está dirixida ao alumnado matriculado nos Ciclos Medios e enmárcase nas actuacións recollidas no IV Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Vigo, aprobado polo Pleno da corporación municipal. O Plan recolle diversas accións que teñen como obxectivo implicar a toda a sociedade na loita contra a violencia de xénero, sensibilizando especialmente a xente moza sobre as novas formas de violencia simbólica e real sobre as mulleres. Esta guía está dirixida ás rapazas e aos rapaces da cidade, coa finalidade de promover entre elas e eles o bo trato naqueles ámbitos nos que se desenvolve a súa vida cotiá: as redes sociais, o tempo de lecer coas amizades e no amor. Contén unha linguaxe sinxela na que se empregan as mesmas claves que utilizan as mozas e os mozos, co fin de mostrarlles distintas maneiras para que saiban identificar e detectar as relacións de bo trato ou ben aquelas de mal trato coas que se poden atopar nesta etapa da súa vida. ARQUIVOS ADXUNTOS: |