Novas
Sesións matinais de cine infantil durante os sábados do mes de maio
25/04/2014 Máis novasA Concellería de Igualdade promove un ciclo de cine dirixido a público infantil e xuvenil durante os cinco sábados do mes de maio.
Durante os 5 sábados do mes de maio a concellería de Igualdade proxectará no Auditorio municipal de Vigo 5 filmes dirixidos ao público infantil e xuvenil.
Os títulos elixidos corresponden a filmes nos que o papel protagonista, e polo tanto activo no guión o interpreta unha nena ou un grupo equitativo de rapaces e rapazas.
As proxeccións terán lugar no Auditorio Municipal (praza do Rei, s/nº) os sábados de maio ás 11,30h.
ENTRADA DE BALDE E LIBRE ATA COMPLETAR AS LOCALIDADES
A organización resérvase o dereito de modificar o programa establecido.
En arquivo adxunto pódese obter información do programa completo.
ARQUIVOS ADXUNTOS:
programa_ciclo_cine_infantil_maio.pdf 768 KB