• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
EnlazaVigo contra a Violencia de Xénero 2014
18/11/2014    Máis novas
Con motivo da conmemoración do 25 de novembro "Día Internacional contra a violencia de xénero" a Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller poñen en marcha un ano máis a iniciativa EnlazaVigo contra a Violencia de Xénero.

Esta edición de 2014 estará centrada na ciberviolencia de xénero na mocidade co obxecto de previla, recoñecela, e non ser cómplices destas actitudes e comportamentos. Son formas de violencia reproducidas en dixital, coas mesmas caractarísticas na súa raíz de desigualdade e sexismo que a violencia de xénero, pero en novos formatos e coa inmediatez que facilitan as novas tecnoloxías.

As distintas manifestacións da ciberviolencia de xénero (sexting, ciberacoso...) trataranse nas distintas accións de Enlaza Vigo coa participación activa do alumnado e profesorado.

As accións que engloba a iniciativa EnlazaVigo 2014 son as seguintes:

1. Exposición colectiva. 34 centros de ensino realizaron en lona a súa expresión artística coa temática da ciberviolencia de xénero.
As obras están expostas desde hoxe ata o día 26 de novembro, na rúa Príncipe, diante do MARCO en horario de 10:30h a 14:00h e de 16:30h a 20:00h.


2.- Relatos virtuais. A organización convidou aos centros á elaboración de relatos virtuais en WhatsApp nos que se presente unha manifestación de Ciberviolencia e a súa resolución.
Pódense consultar no blog www.enlazavigo.com


3.- Tapiz Humano. Evento central que será o propio día 25 de novembro, martes pola mañá, na Farola de Urzaiz, para o que está confirmada a asistencia de 1900 alumnas e alumnos de secundaria para realizar un gran tapiz humano. Este ano o tapiz recreará unha conversación de WhatsApp na que se produce e paraliza unha manifestación de ciberviolencia.
A realización do tapiz está prevista no horario 11:45 a 12:00h.
Previamente, en horario de 10,30 a 11:45h, haberá actividades informativas, lúdicas e reivindicativas para @s menores alí convocad@s.

Para obter máis información pódese visitar o blog en www.enlazavigo.com

En arquivo adxunto cartel coa información das actividades


ARQUIVOS ADXUNTOS:
Flyer(unacara).jpg  633 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100