• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Programa de actos con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres
22/02/2015    Máis novas
Baixo o lema: "Mulleres en loita, xuntas contra a desigualdade", a Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller, organizan una serie de actos con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres

Lema: "MULLERES EN LOITA, XUNTAS CONTRA A DESIGUALDADE"

.- Entre os actos programados destácase a distinción á pedagoga Antía Cal do III Premio de Igualdade "Ernestina Otero".
O premio, instaurado polo Consello Municipal da Muller no ano 2013, entregarase no transcurso dun acto homenaxe que se lle ofrecerá o venres, 6 de marzo, ás 20h. no salón de actos do museo MARCO.

Ao remate do acto servirase un pequeno refrixerio no restaurante do museo. Prezo 15 €. (ver información para reservas no programa adxunto)

Outros actos programados son:

.- Venres, 6 de marzo ás 10h. Pleno específico do Consello Municipal da Muller. Salón de Plenos do Concello de Vigo
Entrada libre ata completar aforo

.- Sábado, 7 de marzo. Festa pola Igualdade na Praza da Constitución. De 17,30 a 20h actividades lúdicas para nenas e nenos.
Ás 22h lectura do manifesto do Consello Municipal da Muller e concerto a cargo de UXÍA co seu espectáculo "Meu canto"
´

Máis información do programa nos arquivos adxuntos:

ARQUIVOS ADXUNTOS:
Folleto.pdf  765 KB
Cartel_Viga_15_(1).pdf  637 KB
invitacion_ernestina_otero_(1).pdf  1623 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100