• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Ciclo de conferencias: Tempo de seu: "Mulleres, historia e saúde na 1ª Guerra Mundial"
24/04/2015    Máis novas
A Concellería de Igualdade organiza, durante os días 4, 5, 6 e 7 de maio, o ciclo de conferencias Tempo de seu: "Mulleres, historia e saúde na 1ª Guerra Mundial".

“Tempo de Seu” é un ciclo de relatorios que trata sobre as mulleres como suxeitos históricos cuxo devir implica a adaptación dos seus corpos e as súas continxencias.


Obxectivos

Prover de coñecementos saudables as mulleres do noso contorno, dende un punto de vista intelectual e físico.

Axudar a comprender as competencias actuais das mulleres cunha perspectiva histórica.

Promover un espazo de intercambio interxeracional entre mulleres.

Programa

.- Luns, 4 de maio ás 19:30h: “Mulleres na fronte e na retagarda”. Relatorio impartido por Oliva Blanco.

.- Martes, 5 de maio ás 19:30h: “Mulleres que contan: Sofía Casanova”. Relatorio impartido por Ángela Nantes.

.- Mércores, 6 de maio ás 19:30h: “100 anos do movemento internacional de mulleres en favor da paz”. Relatorio impartido por Elvira Landín.

.- Xoves, 7 de maio ás 19:30h: “A Gran Guerra como cambio na saúde sexual e reprodutiva das mulleres”. Relatorio impartido por Marta Bernárdez.

Entrada libre ata completar aforo.

Lugar: Salón de Actos da Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2)

Máis información no programa adxunto

ARQUIVOS ADXUNTOS:
TDS_interior.pdf  1003 KB
TDS_ext.pdf  922 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100