Novas
Obradoiro "A ciberviolencia sexual na mocidade"
06/05/2015 Máis novasCo obxectivo de reflexionar, debater, entender e rexeitar a ciberviolencia sexual e o acoso que principalmente sofren as rapazas nos contornos dixitais desde a Concellería de Igualdade organizamos o obradoiro: "A ciberviolencia sexual na mocidade" dirixido a: nais, pais, e familiares interesad@s.
Contidos:
- Identidade dixital. Redes sociais mais empregadas e erros máis comúns.
- Uso de dispositivos móbiles.Conexión permanente, inmediatez, grupos de whatsapp e whatsapproblemas.
- Selfies, identidade, presión e influencia social. Que selfies atopamos e que valores podemos fomentar e educar.
- A violencia sexista nas redes: coñecela, entendela e previla.
- Coñecer as distintas manifestacións da ciberviolencia de xénero: grooming, sextorsión, ciberbullyin, ciberacoso sexista, control. Delitos e consecuencias legais.
- Ser unha persoa adulta nas redes. Achegarnos á xuventude, entender e acompañar,....é posible?.
Data: Martes, 19 de maio de 2015
Horario: de 17:30 a 19:30 horas
Lugar: Salón de actos do Instituto Municipal de Educación. Camiño do Chouzo, número 2
Prazas limitadas. Inscrición previa a través de FOANPAS no T: 986 298 812 ou a través do enderezo electrónico: foanpas@foanpas.com
Máis información en arquivo adxunto
ARQUIVOS ADXUNTOS:
Obradoiro_nais_pais_A_ciberviolencia_sexual.pdf 418 KB