• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Difusión do traslado ao Reitor da Universidade de Vigo da queixa formulada no Observatorio Municipal de Xénero
12/05/2015    Máis novas
O Observatorio Municipal de Xénero é un instrumento municipal, dependente da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, que ten como función recoller as queixas e suxestións da cidadanía e organizacións en relación coa igualdade de xénero


O Observatorio pretende recibir as reclamacións cidadás sobre calquera situación que vulnere o dereito da igualdade de oportunidades na cidade de Vigo, e difundir datos e estudos específicos sobre a situación das mulleres no noso contorno.

Entre as súas funcións están:

- A recepción, canalización e investigación das reclamacións e denuncias de situacións de discriminación por razón de sexo realizadas pola cidadanía.
- Formulación de recomendacións, e propostas destinadas ás iniciativas públicas e privadas.
- Proporcionar datos, informacións e estudos realizados sobre a situación das mulleres no noso contorno.
- Identificar e analizar as desigualdades existentes nos distintos ámbitos da vida das cidadás de Vigo.
- participar e articular o seguimento e avaliación do IV Plan de Igualdade Municipal.
- Dar conta periodicamente da xestión levada a cabo ao Consello Municipal da Muller.
- A avaliación do impacto na sociedade viguesa das políticas de igualdade que se están poñendo en marcha.

No mes de febreiro de 2015 a Concellería de Igualdade recibe a través do Observatorio Municipal de xénero unha queixa sobre a difusión de mensaxes discriminatorias e misóxinas que un empregado da Universidade de Vigo difunde desde hai máis dun ano a través dunha lista corporativa da Universidade de Vigo.

No pasado mes de marzo este servizo envía unha carta ao Reitor da Universidade solicitando que poña os recursos e instrumentos necesarios para finalizar esta situación misóxina e sexista prolongada no tempo, que se está a producir na comunidade universitaria.

Cumprindo co acordado na sesión do Consello Municipal da Muller de data 29/04/2015 públicase a carta enviada nas redes sociais da Concellería de Igualdade (en arquivo adxunto)

ARQUIVOS ADXUNTOS:
traslado_queixa_observatorio_municipal_xenero.pdf  896 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100