• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Comunicado do Consello Municipal da Muller
10/09/2015    Máis novas
O Consello Municipal da Muller de Vigo na sesión celebrada o día 8 de setembro de 2015 acordou elaborar e difundir un comunicado contra o tratamento que están a facer os distintos medios de comunicación sobre a noticia do asasinato da nosa veciña Divina Mendes

"O consello municipal das mulleres de Vigo, quere denunciar o tratamento que os medios de comunicación realizan dos casos de violencia machista, en particular, do asasinato na nosa veciña Divina a mans da súa parella o día 6 de setembro de 2015.
Para un número elevado de persoas, o relato informativo exposto nos diarios convértese en fonte fundamental de coñecemento sobre cada suceso, configurando a percepción sobre o mesmo en función da realidade que neste se presente. É por iso que non podemos continuar caladas ante o xeito no que se achega á cidadanía cada novo caso de violencia de xénero xa que consideramos que todo o “ruído e morbo” que acompaña cada asasinato e agresión non fai máis que distraer e distorsionar a percepción social sobre esta lacra.
En primeiro lugar as vítimas da violencia de xénero non falecen, son asasinadas, normalmente, como neste último caso, brutalmente asasinadas.
A violencia de xénero non é un suceso, é un problema social, por tanto non entendemos que este tipo de noticias se encontren dentro deste apartado dos periódicos.
Presentar información da vítima que faga que dubidemos da súa condición e “boa cidadanía” constitúe unha procura por xustificar cada caso. A violencia de xénero non se produce porque unha muller sexa prostituta, ou se consuman drogas, ou sexan doutro pais, estamos ante un feminicidio consecuencia dunha sociedade machista. Así mesmo, non podemos pensar que somos alleas a este realidade porque as características desta ou doutra vítima non encaixen có noso entorno, este tipo de situacións non teñen clase social, nin nacionalidade, nin hábitos concretos, son consecuencia da sociedade machista na que vivimos.
Toda a información e opinións que dana as vítimas non fai máis que causar máis dor nas súas persoas achegadas, concretamente nos fillos e fillas. Moitas veces existe mais interese en protexer a identidade do agresor que a intimidade da vítima.
A causa do crime non é un ataque de celos, nin a custodia dos menores, nin unha ruptura sentimental, nin o resultado dunha pelea... a causa das agresión son o sentimento de posesión sobre a vítima, o dominio e o control dos homes sobre as súas parellas.
Poderíamos continuar as innumerables aportacións informativas que, na nosa opinión, non son máis que alimentacións para o morbo e que, sobre todo distráennos do problema principal.

É por todo isto que esiximos que o tratamento destas noticias se realice en función dun contexto e dunha realidade concreta, denunciando as mesmas como consecuencia directa do machismo, como violencia de xénero e excluíndo toda a información que poda danar a imaxe das vítimas e da súa familia e distraia dos verdadeiros motivos deste tipo de crimes.

9 de setembro de 2015
Consello Municipal da Muller de Vigo"



Comunicado no documento adxunto

ARQUIVOS ADXUNTOS:
comunicado_consello_da_muller_de_Vigo.pdf  28 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100