• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Programación de obradoiros na Casa das Mulleres
21/01/2016    Máis novas
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para os seguintes obradoiros de carácter gratuíto que se impartirán na Casa das Mulleres.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo e que non realizaran esta formación con anterioridade.
Inscrición previa desde o día 22 de xaneiro e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00 h.
Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20 .

Dirixidos a mulleres maiores de 18 anos.


“OBRADOIRO DE CREACIÓN EN VÍDEO: VÍDEO EN FEMININO ”

Imparte: Cora Peña Hernández

Obxectivos:
Análise fílmica dende a perspectiva de xénero: como é retratada á muller no cinema e na TV?; Creación en vídeo: indagación na ollada propia para a creación dunha pequena peza en formato documental ou vídeo-creación.

Contidos:
- Emprego descritivo da ferramenta audiovisual.
- A linguaxe audiovisual, códigos específicos do documental e da vídeo-creación.
- Estilo: a ollada propia.
- Realización dunha peza audiovisual


O desenvolvemento do programa constará de 30 horas en total, distribuídas en 12 sesións de 2 horas e 30 minutos de duración cada unha.

Período e horarios:os xoves e venres desde o 11 de febreiro ata o 18 de marzo, de 18:00 a 20:30 h.


“ OBRADOIRO DE PINTURA PARA MULLERES: A TÉCNICA DO PASTEL COMO INICIACIÓN ÁS ARTES PLÁSTICAS”
Imparte: Paula Mariño Pazó

Obxectivos:

Fomentar o coñecemento teórico práctico da pintura ao pastel.
Favorecer a actividade artística das mulleres e o aprecio da pintura e da arte en xeral.
Propiciar o empoderamento, facendo que a práctica da pintura axude as participantes a saír do seu contorno e apreciar novas formas de coñecemento.


Contidos: curso de técnicas e conceptos pictóricos que combina contidos prácticos e teóricos, nos que se traballará co pastel, como técnica de expresión artística desde unha óptica lúdica.

Aspectos teóricos:
- Efectos de luces e sombras: o claroscuro.
- A teoría da cor, cores fríos e quentes, o círculo cromático.
- A composición: proporción e encadre.
- Os elementos esenciais do debuxo e a pintura ao pastel.
- Elementos da configuración espacial: técnicas de encaixado dos obxectos no papel.




Aspectos prácticos:
- Empregar o claroscuro para representar o espazo e o volume.
- Utilizar a cor para a obtención de matices.
- Reflectir plasticamente un motivo determinado.
- Realizar obras coa técnica do pastel.
- Investigar as capacidades expresivas e artísticas propias.


O desenvolvemento do programa consta de 28 horas en total, distribuídas en 14 sesións de 2 horas de duración cada unha.

Período e horarios: os venres desde o 12 de febreiro ata o 20 de maio de 10:30 a 12:30 h.


“ENCONTRO PARA MULLERES : XÉNERO FEMININO, NÚMERO SINGULAR”
Imparte: Sandra Verba Szerman


Obxectivos:

Visibilizar situacións cotiás, analizando posibles alternativas de cambios positivos.
Favorecer a recuperación de espazos perdidos e/ou desexados,
Recoñecer unha presenza verdadeira, involucrada en procesos de participación e expresión saudable.

Contidos:

Identidade e autoestima
Corpo e saúde
Violencia e poder
Crises e estratexias de cambio
Vínculos saudables
Proxectos e desexos


O desenvolvemento do programa consta de 15 horas en total, distribuídas en 10 sesións de 1 horas e 30 minutos de duración cada unha.

Período e horarios: os xoves desde o 18 de febreiro ata o 28 de abril de 19:00 a 20:30 h.



“OBRADOIRO DE ESCRITURA: ESCRIBIR A NOSA HISTORIA”
Imparte: Graciela Baquero Ruibal


Obxectivos:
Propiciar a visibilidade do colectivo de mulleres,
Favorecer o empoderamento da nosa expresión e o recoñecemento das mulleres como protagonistas.
Fortalecer a identidade das mulleres






Contidos:

A actitude creativa. Técnicas de desbloqueo: xogos para desapreder.
Como percibimos: a información dos sentidos.
O ritmo na escritura: a respiración dun texto.
Argumento, trama e estrutura dunha historia.
Quen escribe? Tipo de narradoras e narradores.
Os poboadores e poboadoras do pasado: creación de personaxes.
A paisaxe dos nosos recordos: técnicas descritivas.
O subconsciente e os soños: o mundo metafórico.
O monólogo interior e outras formas de contar.
Ten que parecer verdade: técnicas de verosimilitude.


O desenvolvemento do programa consta de 45 horas en total, distribuídas en 18 sesións de 2 horas e media de duración cada unha.

Período e horarios: luns desde o 15 de febreiro ata o 27 de xuño de 18:00 a 20:30 h.

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100