• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Comunicado do Consello Municipal da Muller
15/07/2016    Máis novas
O Consello Municipal das Mulleres do Concello de Vigo denuncia o horario insuficiente e o peche una quincena en agosto do punto de encontro de Vigo, dependente da Xunta de Galicia

O Consello Municipal das Mulleres do Concello de Vigo, en convocatoria ordinaria do luns 4 xullo de 2016, acordou informar á cidadanía da situación horaria no punto de encontro, dependente da Xunta de Galicia.

Dito punto de encontro pecha os luns e martes todo o día e os mércores pola mañá, pechando tamén do 16 ó 30 de agosto como ven facendo en anos anteriores, en contra da necesidade dos familiares con crianzas e contra as demandas das organizacións de mulleres. Non se pode prescindir deste servizo fundamentalmente nos casos de violencia de xénero no que o punto de encontro é indispensable para que as mulleres poidan facer o intercambio con certa seguridade.

Debido a esta situación, o Consello Municipal das Mulleres decidiu facer pública esta situación para que se tomen as medidas necesarias para que este servizo non peche en ningún período durante o ano e se amplíen os horarios pola semana.

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100