• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Xornadas "Unidas contra as violencias machistas"
18/10/2016    Máis novas
Desde a Concellería de Igualdade informamos que os días 4 e 5 de novembro (venres e sábado) organizamos en Vigo unhas Xornadas, que baixo o título "Unidas contra as violencias machistas" tratarán sobre a Violencia de Xénero.

Organización: Concellería de Igualdade e Consello Municipal da Muller de Vigo.
Lugar: sala de conferencias do Centro Social Afundación. R/ Policarpo Sanz, 26. Vigo

Contaremos coa presenza de Mª José Díaz-Aguado, Rosa Cobo Bedía, June Fernández, Justa Montero Corominas , Carmen Castro García, ademais das profesionais dos servizos municipais de Igualdade: Ana García Barrio, Felisa Balboa Cardoso e Ana Kowalski Bianchi.

Para asistir é preciso que se envíe cuberta a ficha de inscrición do programa ou os datos solicitados nesta ficha ao enderezo electrónico: xornadas.igualdade@vigo.org ou a través do fax 986 430 082.

Dado que o aforo é limitado outorgaranse as prazas por orde de inscrición.
O último día entregarase diploma acreditativo de asistencia.

En arquivo adxunto pódese obter información completa do programa.


ARQUIVOS ADXUNTOS:
programa_xornadas_4_e_5_nov.pdf  2855 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100