• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
A Casa das Artes acolle a exposición "Con A de Astrónomas"
14/03/2017    Máis novas
As áreas de Igualdade do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra promoven a exposición "Con A de Astrónomas" que se poderá visitar desde o día 22 de marzo ata o 14 de maio de 2017 na primeira planta da Casa das Artes.

Esta é unha aventura dobre. Por unha banda esta exposición permítelle ao público mergullarse na ciencia da Astronomía: galaxias, estrelas, planetas, cometas... os obxectos que poboan o Cosmos son os seus protagonistas, como tamén o son as miles de mulleres que investigaron sobre este eido.

En todas as épocas da historia atopámonos con astrónomas que adicaron os seus días e as súas noites ao estudo dos corpos celestes. Esta mostra lembra moitas delas, desde Aglaonike que predecía eclipses de lúa na Grecia clásica a Caroline Herschel que descubriu cometas e estudou as estrelas binarias no século XVIII. E tamén a moitas investigadoras que na actualidade son punta de lanza na vangarda desta ciencia.
“Con A de Astrónomas” é unha iniciativa do grupo “Ella es una astrónoma”
formado por profesionais do campo da astronomía, a filosofía, a historia e o ensino.
A mostra está integrada por paneis físicos, elementos interactivos e material de atrezo (réplicas de instrumentos antigos e estatuas) utilizado na película Ágora, dirixida por A. Amenábar, que narra a vida de Hipatia de Alexandría.

A través dunha serie de paneis faise un percorrido entre os principais fitos da astronomía e o papel fundamental que tiveron as mulleres desde a antigüidade ata os nosos días. O descubrimento dos púlsares, a estrutura a gran escala do Universo, ou a medida das distancias estelares pasean ante os noso ollos explicadas dun xeito divulgativo e ameno.
Na preparación da mostra participaron nove astrónomas de distintos centros de investigación, entre elas Josefina F. Ling, da Universidade de Santiago de Compostela e comisaria da exposición xunto á historiadora da ciencia Eulalia Pérez Sedeño.

Acto inaugural con visita guiada: mércores 22 de marzo, ás 19:30h.
Lugar: Casa das Artes. Rúa Policarpo Sanz, 15

Máis información nos arquivos adxuntos

ARQUIVOS ADXUNTOS:
diptico.pdf  1800 KB
invitacion_conAdeAstronomas_ok.pdf  1130 KB
rotulo_725x97.pdf  736 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100