Novas
Boletin Coeducativo nº1 da Concellería de Igualdade. xuño 2017
02/06/2017 Máis novasA Concellería de Igualdade difunde o 1º Boletín Coeducativo elaborado co obxecto de dar a coñecer os programas implementados pola Concellería de Igualdade dirixidos ao alumnado, nas súas diferentes etapas educativas, coa finalidade de fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenos e nenas para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.
A elaboración e difusión desde boletín ten dous obxectivos prioritarios:
1º. Darlles a coñecer ás familias, e á cidadanía en xeral, o traballo que se desenvolve desde esta concellería, en colaboración cos centros educativos da cidade.
2º. Agradecer a colaboración da comunidade educativa, especialmente ao profesorado,a súa implicación e colaboración no desenvolvemento destas accións.
Ofrecémoslles unha recompilación de información no eido da cultura da Igualdade que se está a executar na nosa cidade: obxectivos, datos de participación, enlaces a recursos didácticos,etc.
Pódese descargar o boletín no arquivo adxunto:
ARQUIVOS ADXUNTOS:
Boletin_coeducativo_n_1_da_Concelleria_de_Igualdade.pdf 8389 KB