Novas
Programa de actos no mes de marzo con motivo da conmemoración do 8 de marzo "Día Internacional das Mulleres"
20/02/2018 Máis novasDesde o Concello de Vigo organizamos no mes de marzo numerosos e diversos actos e actividades con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres.
Na organización e desenvolvemento da meirande parte deste programa colabora o Consello Municipal da Muller.
O programa contempla as seguintes actividades:
Proxeccións de filmes, actuación musical de Wöyza, contacontos para cativas e cativos, pleno específico do Consello Municipal da Muller, visita guiada ao Roteiro Feminino "Sons de Mulleres", entrega do VI premio de Igualdade "Ernestina Otero", recital aberto de poesía de xénero, Carreira "Vigo móvese pola Igualdade"...
Todas as actividades teñen a entrada gratuíta ata completar a capacidade do local coas seguintes excepcións.
.- O VI Premio de Igualdade "Ernestina Otero" entregarase no transcurso dunha cea no hotel Coia o venres 9 de marzo ás 22:00h. Prezo do menú 29€. Inscrición previa
.- A Carreira "Vigo móvese pola Igualdade". Saída ás 11:30h desde a Porta do Sol o domingo 11 de marzo. Inscricións no portal www.championchipnorte.com
4 kms de percorrido polas rúas céntricas de Vigo que pode realizarse correndo, camiñando ou a paso lixeiro.
.- O Pleno específico do Consello Municipal da Muller terá lugar o día 7 de marzo ás 10:00h no salón do plenos do Concello. Como en todas as sesións plenarias o público terá que identificarse antes de entrar.
En arquivos adxuntos pódese consultar o programa completo de actividades
ARQUIVOS ADXUNTOS:
FLYER_1_.jpg 2177 KB
PROGRAMA.pdf 2613 KB
Vigual_Cartel_02.jpg 1541 KB