Novas
Suspensión actos aire libre nesta fin de semana: contacontos e carreira "Vigo móvese pola Igualdade"
09/03/2018 Máis novasAtendendo ás condiciones metereolóxicas adversas previstas para este fin de semana comunicamos que se suspenden as seguintes actividades:
Contacontos de Raquel Queizás que ía realizarse o sábado 10 de marzo na Praza "8 de marzo" e a Carreira "Vigo móvese pola Igualdade" prevista para este domingo 11 de marzo.
Tan pronto teñamos confirmación das novas datas de realización destas actividades informaremos neste mesmo espazo.
Ademais, pódese visitar a web www.championchipnorte.com portal que recibiu as incricións e consultar información puntual deste aprazamento.
COMUNICADO APRAZAMENTO VIGO MÓVESE POLA IGUALDADE, VIGUAL:
A organización Vigo Móvese Pola Igualdade “VIGUAL”, comunica pola presente o aprazamento do evento, para unha nova data aínda por determinar.
O motivo desta decisión, ven propiciado pola comunicación de alerta de AEMET e 112 GALICIA, da entrada dun novo fronte baixo o nome “Félix” que deixará ademáis de choiva, fortes ventos na nosa comunidade, motivo polo cal, desaconséllase a celebración de eventos o aire libre e na vía urbana. Polo que, debe prevalecer a seguridade de todas/os as/os participantes dada a adversidade metereolóxica.
As inscricións permanecerán abertas ata hoxe, xoves 8 ás 23:59, tal como estaba previsto e abrirase un novo prazo antes da nova data de celebración do evento, que se dará a coñecer próximamente para todas/os aquelas/es que queiran participar no evento, respetando tódalas inscricións realizadas ata a data.
O regulamento non sufrirá ningún tipo de modificación, máis alá das datas de entrega de dorsais e da propia proba.
Para calquera dúbida podedes consultar o noso perfil de facebook no que vos informaremos de todo.
Atentamente.
A organización