• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
III Xornadas Municipais Unidas contra as violencias machistas.16 e 17 novembro
27/10/2018    Máis novas
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e mailo Consello Municipal da Muller organizan unha nova edición das Xornadas Municipais Unidas contra as Violencias Machistas que este ano levan por título "Deconstruamos a violencia cun enfoque feminista".

Ditas xornadas desenvolveranse en Vigo durante os días 16 e 17 de novembro. Venres en sesión de mañá e tarde e sábado en sesión de mañá.

Lugar de realización: sala de conferencias do Centro Social Afundación. R/ Policarpo Sanz, nº 26. Vigo


Nos arquivos adxuntos pódese descargar o díptico informativo en formato .pdf e .jpg co programa das xornadas e a ficha de inscrición. No caso de querer participar, deberase cubrir a ficha de inscrición ( o arquivo .pdf está en formato editable para que, unha vez descargado, se poida cubrir directamente no dispositivo electrónico)  e enviar a través do fax nº 986 430 082 ou enderezo electrónico: xornadas.igualdade@vigo.org


Inscrición gratuíta. Aforo limitado. As prazas outorgaranse por rigorosa orde de inscrición. A organización comunicará a confirmación da praza.

Entregarase diploma acreditativo da asistencia

ARQUIVOS ADXUNTOS:
diptico_programa_xornadas_Igualdade_Vigo_2.pdf  2285 KB
Diptico_programa_xornadas_Concelleria_Igualdade_Vigo.jpg  382 KB
diptico_programa_xornadas_Igualdade_Vigo_1.jpg  326 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100