• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Actos aprazados.Programa de actos en marzo con motivo do Día Internacional das Mulleres
11/03/2020    Máis novas
Aprázanse as actividades programadas e pendentes de realizar previstas en marzo dentro do programa de actos polo Día Internacional das Mulleres
Co obxecto de previr, na medida das nosas posibilidades, contaxios do virus Covid-19 na nosa cidade, e facendo un exercicio de responsabilidade, comunicamos que as actividades que quedan pendentes de realizar dentro do programa de actos que o Consello Municipal da Muller e o Concello de Vigo tiñan organizado no mes de marzo con motivo do Día Internacional das Mulleres quedan aprazadas.
Así, a entrega do VIII Premio de Igualdade "Ernestina Otero" a María Xosé Porteiro, a visita guiada á ruta en feminino "Sons de Mulleres", a proxección do filme "La directora de orquesta" e a actuación musical do grupo "DE VACAS" quedan aprazadas.

A organización fixará novas datas para estas actividades que serán difundidas coa suficiente antelación nesta paxina web www.igualdadevigo.org e nas redes sociais da Concellería de Igualdade "IgualdadeVigo"

Programa de actos e actividades que a Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller de Vigo organizan na cidade no mes de marzo, con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

Durante todo o mes de marzo se organizan na cidade numerosas e variadas actividades e actos con motivo do Día Internacional das Mulleres: proxección de filmes, recital aberto de poesía de xénero con Iolanda Zúñiga, entrega do VIII premio de Igualdade Ernestina Otero a María Xosé Porteiro, visita guiada á Ruta en feminino "Sons de Mulleres" a cargo de María Casar, actuación musical do grupo "DE VACAS", contacontos de igualdade a cargo de Ana Carreira, Pleno específico do Consello Municipal da Muller, etc

Todas as actividades teñen entrada libre ata completar a capacidade do local agás a entrega do Premio Ernestina Otero, que se entregará no transcurso dunha cea (prezo de menú:30 € con inscrición previa)

Pódese consultar o programa completo que ten máis información nos arquivos adxuntos

ARQUIVOS ADXUNTOS:
cartel.jpg  2946 KB
8marzoOK2020doblepaxina_(1).pdf  1705 KB
invitacion_ernestina_2020_ok.pdf  672 KB
invitacion_ernestina_2020_cara1.jpg  651 KB
8marzoOK2020doblepaxina.jpg  5197 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100