• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Laboratorio de lectura e escritura no Centro de Documentación Feminista
26/04/2019    Máis novas
Desde a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo informamos do comezo de prazo de inscrición para a participación na seguinte actividade:
LABORATORIO DE LECTURA E ESCRITURA
Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo
Mércores 8 de maio e Xoves, do 16 maio a 27 xuño  de 19:00 a 20:00 h

Imparte: María Carrazoni (escritora e formadora)

-

LABORATORIO DE LECTURA E ESCRITURA
Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo
Mércores 8 de maio e Xoves, do 16 maio a 27 xuño  de 19:00 a 20:00 h

Imparte: María Carrazoni (escritora e formadora)

Descrición:
A través da lectura e o comentario des textos literarios escritos por mulleres, as persoas que participen no obradoiro escribirán pequenos relatos para ler e comentar en grupo. Compartindo as propias historias e escoitando as historias das demáis persoas, o obxectivo  é valerse das palabras para expresar e simbolizar conflictos e emocións. O obxectivo é converter a lectura e a escritura en grupo nunha conversa que invite a reflexionar sobre as experiencias das mulleres.

8 sesións en horario de 19:00 a 20:00 h. Mércores 8 de maio e os xoves desde o 16 de maio ao 27 de xuño

Requisitos para participar:
Actividade dirixida a mulleres, gratuíta e prazas limitadas

Prazo de inscrición:  26 de abril a 6 de maio

Inscricións:
As inscricións realizaranse entregando a ficha de inscrición cuberta e asinada ( ficha adxunta en formado .pdf editable), a través dun destes medios:

Centro de Documentación e Recursos Feministas: r/ Joaquín Yañez, 6-2º andar ( Vigo) persoalmente en horario: luns e venres de 10:30 a 13:30 h. - martes, mércores e xoves de 16:30 a 20:30 h ou a través do enderezo electrónico  centro.documentacion.feminista@vigo.org   

Concellería de Igualdade do Concello de Vigo . 1º andar do Concello de Vigo, persoalmente en horario de luns a venres de 9:00 a 13:30 h ou a través do enderezo electrónico ofi.muller@vigo.org

Máis información:
Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo.
T. 986 436 441     centro.documentacion.feminista@vigo.org 

Horario: luns e venres de 10:30 a 13:30 h. - martes, mércores e xoves de 16:30 a 20:30 h.

Concellería de Igualdade
Biblioteca Pública de Vigo "Juan Compañel"
R/ Joaquín Yañez, 6-2º
36202 Vigo
T. 986 436 441

Ficha de inscrición en formato .pdf editable en arquivo adxunto

ARQUIVOS ADXUNTOS:
Ficha_inscricion_actividades_CDRF_EDITABLE.pdf  348 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100