• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Programa de actividades da Casa das Mulleres setembro/decembro 2019
06/09/2019    Máis novas
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (r/ Romil 20):

- OBRADOIRO “TEATRO PARA A VIDA”
Destinado a mulleres maiores de 18 anos.
Formadora: María Rodríguez Salgueiro .

- OBRADOIRO “ARTE, PAISAXE E XÉNERO”
Destinado a mulleres maiores de 18 anos.
Formadora: Iria Vázquez López.

- ESCOLA DE EMPODERAMENTO: CREANDO SORORIDADE
Destinado a mulleres maiores de 18 anos.
Formadora: Cristina Rodríguez Ramos.

- CURSO DE INTRODUCIÓN Á IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE HOMES E MULLERES PARA PROFESIONAIS
Destinado a homes e mulleres maiores de 18 anos con perfil profesional nos eidos social e de educación formal e non formal.
Formadora: Cristina Rodríguez Ramos.

Máis información sobre obxectivos, contidos, datas e horarios nos arquivos adxuntos







PROCESO DE INSCRICIÓN PARA TODAS AS ACTIVIDADES:

Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición adxunta (formato editable) e unha vez firmada deberá enviarse á Concellería de Igualdade ou a Casa das Mulleres, ben en persoa ou por email. Enviarase unha ficha por cada unha das actividades solicitadas.

Prazo de inscrición: dende a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.

Lugar de inscrición:
na Casa das Mulleres (Romil 20, de luns a venres, 17:30-21:30h; ou casadasmulleres@vigo.org); ou

na Concellería de Igualdade (1º andar do Concello de Vigo, de luns a venres, 9:00-13:30; ou ofi.muller@vigo.org)

Criterios de admisión nas actividades con límite de prazas: terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran algún curso sobre a mesma materia. Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude. Prazas limitadas.

Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono/whatsapp


Arquivos adxuntos: Ficha de inscrición e cartel coa programación das actividades en formatos .jpg e .pdf

ARQUIVOS ADXUNTOS:
CdM___Planificacion_2019_4b_POSTER_apaisado_A4.jpg  352 KB
Cartel_Programacion_Casa_das_Mulleres_setembro_decembro_2019.pdf  232 KB
Ficha_Inscricion_Casa_das_Mulleres_(editable).pdf  190 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100