• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
CURSO AUTOESTIMA / A NOSA VALORACIÓN PERSOAL
05/06/2008    Máis novas
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para este curso de carácter gratuíto, dirixido a todas as mulleres maiores de 18 anos, empadroadas no Concello de Vigo.

DESTINATARIAS:
Mulleres maiores de 18 anos, empadroadas no Concello de Vigo. Terán preferencia as mulleres que non realizaran o curso a través do Concello nos últimos cinco anos.

OBXECTIVOS:
-Coñecer a construción e a evolución da identidade psicosexual.
-Reflexionar sobre a influencia das crenzas e dos modelos na imaxe e na estima persoal.
-Descubrir e valorar os recursos internos.

CONTIDOS:
-Desenvolvemento evolutivo do proceso de identidade.
Mandatos, crenzas, estereotipos, modelos de identificación, roles.
-Condicionantes internos: auto esixencias, idealizacións, medos, culpas.
-Niveis de conciencia mental, emocional, corporal e social. Contradicións.
-Integración saudable da identidade como requisito da propia estima: saber valorarse adecuadamente.

MAIS INFORMACIÓN:
A exposición do temario instrumentarase con técnicas que operativicen a aprendizaxe e realizaranse exercicios vivenciais con dinámicas de grupo que permitan a elaboración na toma de conciencia da valoración persoal.

O desenvolvemento do programa constará de 15 h distribuídas en 5 obradoiros de 3 h de duración cada un.

Datas, luns 16 , mércores 18 , luns 23 , mércores 25 e luns 30 de xuño
Horario, de 18,00 a 21,00 h

INSCRICIÓNS: Departamento de Igualdade.1ª planta Casa do Concello. Praza do Rei,1, dende o día 6 ao 13 de xuño de 2008 (ambos incluídos). Teléfono 986 810 284.

LUGAR DE REALIZACIÓN: Centro Cívico Casco Vello (rúa Oliva, 12).

SERVIZO DE COIDADORAS INFANTÍS: Para as mulleres que o necesiten contarase cun servizo de coidadoras infantís para atender aos fillos e as fillas menores de 12 anos durante a realización do curso. As mulleres que necesiten solicitalo deberán facelo constar no momento da inscrición.

Prazas limitadas

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100