• 8 de Marzo
Día Internacional da Muller • 25 de Novembro Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller |
||
Novas |
Web Concellería
Web Violenciade Igualdade de Xénero Violencia Sexual na Xuventude |
Novas
aaaa 30/11/1999 Máis novas bbbbb Recursos e prestacións socio-económicas
AXUDA ECONÓMICA DE PAGO ÚNICO
A Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, no seu artigo 27, establece o dereito a percibir unha axuda económica ás mulleres vítimas de violencia de xénero que se sitúen nun determinado nivel de rendas e respecto das que se presuma que, debido á súa idade, falta de preparación xeral ou especializada e circunstancias sociais, terán especiais dificultades para obter un emprego. Trátase dun dereito subxectivo mediante o que a citada Lei Orgánica asegura un dos seus principios reitores, recollido no seu artigo 2, letra e): garantir dereitos económicos para as mulleres vítimas de violencia de xénero, co fin de facilitar a súa integración social. É competencia da Xunta de Galicia a súa tramitación, conforme o artigo 40 da Lei 11/2007, galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero.
Convocatoria ano 2020: RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SI434B). (DOG nº 1 do 02.01.2020)
EXTRACTO da Resolución do 20 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero) (código de procedemento SI434B). (DOG nº 1 do 02.01.2020) Natureza e contía: pago único en función da situación familiar da beneficiaria. Prazo de solicitude: desde o 03 de xaneiro ata o 30 de novembro de 2020. Lugar de presentación:
A Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, dispón no seu artigo 39 que a Xunta de Galicia establecerá, a través do departamento competente en materia de igualdade, unha prestación económica dirixida ás mulleres que sofren violencia de xénero.
Convocatoria 2020: RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo. (DOG nº 1, do 02.01.2019) A axuda consiste nunha contía económica destinada directamente á beneficiaria, de carácter periódico, ata o máximo de 12 mensualidades, sempre que nese período subsistan as circunstancias polas que se concedeu. O cómputo do período empeza o mes da solicitude. Prazo de presentación: aberto con carácter permanente durante todos os exercicios (todo o ano) Lugar de presentación:
Regulada no artigo 43 da Lei 11/2007:
Convocatoria 2020: RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SI434B). (DOG nº 1 do 02.01.2020) EXTRACTO da Resolución do 20 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (axudas de indemnización establecidas no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero) (código de procedemento SI434B). (DOG nº 1 do 02.01.2020) Lugar de presentación:
INDEMNIZACIÓN A FILLAS E FILLOS DE VÍTIMAS MORTAIS POR VIOLENCIA DE XÉNERO E A MULLERES GRAVEMENTE FERIDAS RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas de indemnización económica, dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SI460A).
EXTRACTO da Resolución do 21 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas de indemnización económica, dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SI460A).(DOG nº 1 do 02.01.2020)
Axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a concesión de axudas de indemnización económica dirixidas a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.
NormativaLEI 11/2007, galega para o tratamento e a prevención da violencia de xénero (artigo 41) Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia (DOG nº 249 do 31/12/2013). DefiniciónA renda de inclusión social de Galicia (RISGA) é unha prestación pública destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, así como a acadar progresivamente a súa autonomía e integración social e laboral, mediante o dereito e o deber a participar en procesos personalizados de inserción con apoio técnico e financeiro do Sistema galego de servizos sociais e do Sistema público de emprego de Galicia.
Tramitación abreviada por razón de violencia de xénero Artigo 41: Cando se reflicta no informe de valoración social que a persoa solicitante é vítima dunha situación de violencia de xénero, acreditada por calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e tratamento da violencia de xénero, os trámites para a concesión da Risga terán carácter de urxencia e tramitaranse con carácter prioritario ás demais solicitudes. O mesmo será de aplicación aos supostos acreditados de violencia doméstica, así como aos supostos de persoas vítimas de explotación sexual-laboral en redes de trata de seres humanos, logo da constatación da súa cooperación coas autoridades na investigación do delito. Prazo de presentación: todo o ano Lugar de presentación
Real Decreto 1369/2006, do 24 de novembro, polo que se regula o programa de renda activa de inserción para persoas desempregadas con especiais necesidades económicas e dificultade para atopar un emprego. E un Programa xestionado polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) coa colaboración do Servizo Público de Emprego da Comunidade Autónoma, de apoio á inserción laboral de colectivos con especiais dificultades para incorporarse ao mercado de traballo e en situación de necesidade económica. Colectivos beneficiarios
Contía e duración: A contía da Renda Activa de Inserción (RAI) é o 80% do IRPEM mensual vixente en cada momento. A duración máxima da percepción da renda será de 11 meses. Durante a percepción da RAI o SEPE ingresará as cotizacións á Seguridade Social. A axuda pódese solicitar ata un máximo de 3 veces, pero deber haber un intervalo dun mínimo de 12 meses entre unha e outra. Nos casos específicos de violencia de xénero ou discapacidade, os 33 meses pódense cobrar de forma seguida, sen o ano de espera. Axudas complementarias:
Prazo de presentación: todo o ano Lugar de presentación:
A finalidade destas axudas é a de apoiar ás mulleres en situación acreditada de violencia de xénero para afrontar unhas necesidades derivadas principalmente da violencia de xénero no proceso de ruptura co agresor e sempre que, a xuízo dos servizos municipais de atención á muller, non poidan ser cubertas pola beneficiaria. Convocatoria 2020: Bases reguladoras publicadas no BOPPO núm. 14 do 22/01/2020. Prazo para a presentación de solicitude: desde o 30/01/2020 (día seginte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provinica de Pontevedra) e ata o día 23/12/2020. Lugar de presentación: Rexistro Xeral municipal, ou por calquera dos medios indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
FONDO DE GARANTÍA DE PAGO DE ALIMENTOSÉ un fondo público xestionado pola Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Está regulado polo Real Decreto 1618/2007, de 7 de decembro (BOE de 14 de decembro de 2007). A finalidade do Fondo é garantir aos menores de idade e aos maiores con discapacidade, o pago dos alimentos (pensións alimenticias), recoñecidos en resolución xudicial ou convenio xudicialmente aprobado (en supostos de separación legal, divorcio, declaración de nulidade, procesos de filiación ou alimentos), cando os mesmos resulten impagados pola persoa obrigada a satisfacelos. Tramitación polo procedemento de urxencia Tramítase de urxencia cando concorre algunha das dúas situacións seguintes:
Prazo de presentación: todo o ano Lugar de presentación: Rexistros da Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas, das Delegacións de Economía e Facenda, e calquera dos contemplados no artigo 38 da Lei 30/1992, de RJAP e do Procedemento Administrativo Común
EXENCIÓNS EN PAGO DE TAXAS E AXUDAS PARA ESTUDOS:
EXENCIÓN DE TAXAS UNIVERSITARIAS: DECRETO 102/2020, do 9 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2020/21
5. Vítimas de violencia de xénero. De conformidade co previsto na Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, as persoas que teñan a condición de vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos e fillas e menores de idade suxeitos á súa tutela e garda e custodia, terán dereito á exención do pagamento dos prezos públicos por servizos académicos. En consecuencia, deberán aboar unicamente os prezos da tarifa terceira. Os menores que estean suxeitos á tutela e garda e custodia das mulleres vítimas de violencia de xénero continuarán gozando da exención prevista anteriormente unha vez que acaden a maioría de idade. A condición de vítima de violencia de xénero acreditarase no momento da formalización da matrícula, mediante calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Declarada a exención por este motivo, manterase durante o período ordinario de realización deses estudos. ORDE do 22 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2019/20, teña dificultades económicas para continuar estudos (código de procedemento ED433A).
Artigo 3. Requisitos das persoas solicitantes Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos: a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista ocorrida no actual curso académico (orfandade absoluta; situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar; condición de emigrante retornado; vítima de violencia de xénero; vítima de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar). b) Que a situación sobrevida e imprevista acontecese durante o actual curso académico 2019/20. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020. c) Estar matriculado, no curso académico 2019/20, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao que lle falte un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, que deberá estar matriculado, como mínimo, de 30 créditos. d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual que estableza a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2020, multiplicada por 1,50. e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade. – Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. (Ata o 14 de febreiro de 2020) – Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo. Nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes será o 31 de xullo de 2020, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b). Lugar de presentacion:
DECRETO 89/2013, do 13 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de música e artes escénicas, de idiomas, deportivas, de conservación e restauración de bens culturais e nos estudos superiores de deseño.
Artigo 7.6: Quedan exentas do pagamento polos servizos académicos regulados neste decreto as alumnas que sufran violencia de xénero. Tamén quedará exento o alumnado cuxas proxenitoras a sufran.
EXENCIÓN DE TAXAS MUNICIPAIS: Para as seguintes taxas e tributos, o Concello de Vigo establece exencións para poboación que |